O vento na Herbeira: asubío a carón dos muíños
Lugar: Muíños de vento ao lado de Pedreira, Herbeira (Serra A Capelada).
Hora: 17:15
Data: xoves, 4 de xullo de 2024
Toma dende o camiño que vai aos muíños pegado a un valado de pedra.
A captura realizouse para a exposición «Reverberos», que se inaugurou na Torre de Hércules o 1 de agosto para celebrar o aniversario da súa declaración de Patrimonio Mundial.
Micrófono Audio-Technica BP4025 e gravadora zoom H6