O vento na Herbeira: chocas e muíños de ventos

Lugar: Pedreira, Herbeira (Serra A Capelada).
Hora: 17:30
Data: xoves, 4 de xullo de 2024

Toma dende a Pedreira, un conxunto de lagoas e pedras que están a carón duns muíños de vento. Escóitanse as chocas das vacas que andan soltas por toda a Capelada.

A captura realizouse para a exposición «Reverberos», que se inaugurou na Torre de Hércules o 1 de agosto para celebrar o aniversario da súa declaración de Patrimonio Mundial.

Baixar en boa calidade

Micrófono Audio-Technica BP4025 e gravadora zoom H6