O vento na Herbeira: interior garita Vixía Herbeira. Graves

Lugar: Garita Vixía de Herbeira (Serra A Capelada).
Hora: 18:05
Data: xoves, 4 de xullo de 2024

Toma dende o interior da Garita de Vixía de Herbeira. Había moita néboa e moito vento. O micrófono foi colocado no medio dunha corrente de néboa que ía dende a porta a unha venta que tiña xusto enfronte. Os fortes graves que se escoitan son os do fluxo do vento batendo co micrófono.

A captura realizouse para a exposición «Reverberos», que se inaugurou na Torre de Hércules o 1 de agosto para celebrar o aniversario da súa declaración de Patrimonio Mundial.

Baixar en boa calidade

Micrófono Audio-Technica BP4025 e gravadora zoom H6