O vento na Herbeira: interior garita Vixía Herbeira. Ruído

Lugar: Garita Vixía de Herbeira (Serra A Capelada).
Hora: 18:05
Data: xoves, 4 de xullo de 2024

Toma dende o interior da Garita de Vixía de Herbeira. Utilizáronse tres micrófonos: un Audio-Technica BP4025 e dous Uši Pro para recoller un amplo espectro de frecuencia. A mixtura final reflexa moi ben a presión sonora que provocaba o vento no interior da garita.

A captura realizouse para a exposición «Reverberos», que se inaugurou na Torre de Hércules o 1 de agosto para celebrar o aniversario da súa declaración de Patrimonio Mundial.

Baixar en boa calidade

Un micrófono Audio-Technica BP4025 e dous micrófonos Uši Pro. Gravadora zoom H6