O vento na Torre de Hércules: focos na base
Lugar: Torre de Hércules.
Hora: 08:15
Data: venres, 28 de xuño de 2024
Toma dende a plataforma circular que rodea á Torre. Escóitase o forte vento e como bate contra uns filtros duns focos que a iluminan. O micrófono Audio-Technica BP4025 que se utilizou recolle moitos graves polas súas grandes cápsulas. Acostumamos a filtralos un pouco pero neste caso deixámolos porque producen unhas reverberacións moi fortes no lugar onde se escoiten. Estas gravacións fixéronse para uns reverberos, que son unhas estruturas metálicas que producen vibracións. Era importante que os sons tivesen moitos graves para que puidesen producir este efecto.
A captura realizouse para a exposición «Reverberos», que se inaugurou na Torre de Hércules o 1 de agosto para celebrar o aniversario da súa declaración de Patrimonio Mundial.
Foto de Claudio Pato
O micrófono Micrófono Audio-Technica BP4025 e gravadora zoom H6