Paxaros, chuvia e árbores cun pouco de vento en Boán 2
O lugar da toma está nun camiño que baixa dende o local da Asociación Boán Uno ata chegar a un pequeno bosque de fentos. Escóitanse paxaros e algunha gota de chuvia misturado cun vento leve sobre as árbores.
Forma parte do conxunto de gravacións que fixemos no taller de Irene Kopelman xunto a Andrea Dávila, Carla Souto e Marina González en Boán Uno, da man da Fundación María José Jove.
A gravación foi tomada o domingo 31 de outubro de 2021 ás 13.44h
Micrófonos estéreo Uši Pro e gravadora zoom H6