Paxaros e moscas en Chouzán

O lugar da toma está nun camiño que baixa pola igrexa de San Estevo de Chouzán cara ao río Miño. Destaca o son dunha mosca que chega a pousarse enriba do micrófono dereito.

Forma parte do conxunto de gravacións que fixemos no taller de Irene Kopelman xunto a Andrea Dávila, Carla Souto e Marina González en Boán Uno, da man da Fundación María José Jove.

A gravación foi tomada o sábado 30 de outubro de 2021 ás 17.53h

Micrófonos estéreo Uši Pro e gravadora zoom H6