Pico Sacro. Reverberacións graves na cova norte
Cova Norte
17/04/2025
07:50
Esta é unha das primeiras gravacións que fixen e daquela chamábame moito a atención a capacidade que ten esta boca norte para realimentar os graves no seu interior. É unha escoita que se aprecia moi ben cando se está alí, pero que as gravacións non acaban de recoller ben, xa que depende moito tamén de onde queden os micrófonos colocados. Esta gravación recolle un pouco a intensidade de graves que se chega a producir.
Micrófonos estéreo Uši Pro e gravadora Zoom H6