O vento na Torre de Hércules. Mirando ao mar dende os acantilados

Lugar: Torre de Hércules.
Hora: 07:05
Data: venres, 28 de xuño de 2024

Toma dende o camiño que bordea os acantilados mirando ao mar, moi preto das bucinas de néboa.

A captura realizouse para a exposición «Reverberos», que se inaugurou na Torre de Hércules o 1 de agosto para celebrar o aniversario da súa declaración de Patrimonio Mundial.

Baixar en boa calidade

Micrófono Audio-Technica BP4025 e gravadora zoom H6