Un laboratorio normalizado: audio-esterilización

30 marzo 2007

O interior é un laboratorio de audio aberto e público no que os integrantes do proxecto traballarán durante as nove semanas da exposición. Unha sala equipada con medios audiovisuais e cos instrumentos necesarios para realizar investigacións, experimentos e traballos de carácter científico ou técnico, todos relacionados coa escoita e o fenómeno sonoro en xeral.

Como tal laboratorio, está dotado de instrumentos de medida, proceso, xestión e outros elementos precisos para o traballo co audio, e dispón das condicións ambientais axeitadas e controladas para asegurar que non se altere o resultado dos experimentos ou medicións, e garantir que os experimentos se poidan repetir noutro laboratorio para obter o mesmo resultado: a normalización.

Nas seguintes fotografías pódese ver como se protexe a mesa de traballo ao rematar a xornada: a esterilización.