O último cesteiro de Vigo

28 noviembre 2007

PROXECTO FONOTOPÍAS DE GALIZA – SONS EN PERIGO DE EXTINCION

 

O último cesteiro de Vigo

Proxecto financiado parcialmente pola Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia.

 

«Somos probes cesteiros, cestos que compoñer, probiños de nosoutros que vamos morrer»… di unha cantiga popular.

A cesteiría é un dos oficios que aínda conservan un lugar na artesanía galega. Cestos para os labores do campo e do mar. Cestos de vimbio, de canas, xuncos… ou lamas de carballo, castiñeiro, salgueiro…

Os cestos facíanse nas vilas ou no medio rural. Os artesáns do rural ían na procura de traballo e quedaban onde o tiñan. Eran sempre útiles axeitados a recollida dos froitos, colleitas, vendima, pesca.

Nós tivemo-la sorte de dar cun dos artesáns que aínda segue a traballar. . . Temos que agradecerlle a súa paciencia, explicounos, paso a paso, diferentes procesos na confección dun cesto, os materiais, a utilización, a evolución, a súa adaptación, as innovacións…

Texto orixinal : http://centros.edu.aytolacoruna.es/sfxabier/cesteiria.htm

 

Obradoiro de Cestaría de Antonio Suárez.

No centro de artesanía tradicional de Vigo. Nesta serie de gravacións pódese apreciar unha enorme diversidade de sons producidos neste traballo. Ferramentas caendo, ruxidos, martilleos, etc.

 

Obradoiro de Cestaría de Antonio Suárez 2.

Centro de artesanía tradicional de Vigo, pódese apreciar outros sons producidos neste traballo. Manoxos de fibras agrupadas e caendo, cortes de coitelo, moscas voando, madeiras resoando, preguntas ao recompilador, gruñidos do vimbio cando é estirado, etc.

 

Obradoiro de Cestaría de Antonio Suárez 3.

Centro de artesanía tradicional de Vigo, moitos sons quedan por descubrir a quen escoite estas gravacións, pero sobre todo é oportuno destacar o rico diálogo estereofónico dos sons no espazo.

 

Traballo de Antonio Suárez último Cesteiro de Vigo.

Nesta toma lateral do lado esquerdo escoitase o entrechoque das fibras que aínda están por tecer, mentres que o lado dereito escóitanse ás que están sendo tecidas. Nesta gravación notamos a enorme diferenza entre o traballo do cesteiro e o das asistentes do obradoiro, pois o texedor a pesar de ser só un, establece un marco sonoro de maior intensidade que o dos aprendices.

 

Traballo de Antonio Suárez último Cesteiro de Vigo.

Toma do traballo de Antonio Suárez a partir da fronte. Nesta toma apréciase a gran riqueza tímbrica do son que produce o entretexer do vimbio, a diferenza da toma anterior, nesta toma os diferentes sons atópanse máis centrados.

 

Paisaxe sonora da Rúa dos Cesteiros centro.

Paisaxe sonora da Rúa dos Cesteiros na actualidade, escoítanse pasos, algún comprador, o rumor dos bares, golpes de portas, os ruxidos dunha cadeira de vimbio e as campás da concatedral.

 

Paisaxe sonora da Rúa dos Cesteiros.

Golpes de madeira, tintíns de pratos, o repiqueteo dos transeúntes, voces, unha televisión que entona un inesgotable discurso…

 

Rua dos Cesteiros recostrución virtual.

Fai corenta anos máis de vinte cesteiros traballaban nesta rúa. Esta é unha reconstrución virtual da paisaxe sonora desta rúa con tres deles traballando. Paisaxe sonora da Rúa dos Cesteiros, compradores, transeúntes camiñando. Aínda que se atendemos ben podemos escoitar sons que non pertencían a esta rúa fai corenta anos, entón o son dos tres cesteiros que traballan nesta paisaxe sonora poderíanse interpretar como os sons dos pantasmas deses traballadores do vimbio.

 

Dous cesteiros virtuais.

O traballo de dous cesteiros no seu taller retómase nesta reconstrución virtual. Hoxe en día non pode escoitarse esta paisaxe sonora pois Antonio Suárez é o derradeiro que queda con vida.

 

Enquisa ao cesteiro

Son moitos os ditos, refráns, adiviñas, cantigas que teñen ós cesteiros coma protagonistas. Este dito aínda que fala de cestos non reflicte o pensamento dun cesteiro senon que é atribuido a un xuiz.

Sábese que os cesteiros tiñan unha fala propia e semellante á dos canteiros.

Coñécese que en moitos lugares a chegada do cesteiro ía precedida polo berro de : -«Compón cestas»- a lo que respondían os rapaces -«tamén burros e bestas»-

«Dúas mulleres e unha cesta, fan unha feira».

«Unha vella e un cesto, e o conto acabóuse nesto».

Tamén adiviñas coma estas :

«Teño, teño entre as pernas un enxeño, dele como, dele bebo e dele pago a quen debo». (O cesteiro)

«As facadas me apartarán do que me estaba criando ; á roda de min bailando, me tornarán a xuntar, para levar e tracer, para tracer e guardar». (O vime e o cesto)

Texto orixinal : http://centros.edu.aytolacoruna.es/sfxabier/tradicion.htm