Paseos sonoros por cidades: Vigo2

27 noviembre 2006

(segunda parte…)

O Paseo Sonoro por Vigo é o resultado dun Obradoiro/Taller impartido no MARCO de Vigo no que participaron 12 persoas: Alfonso García Agulla, Carlos Suárez, Diego Fernández, Eduardo Irago, Ignacio Pérez Jofre, Javier Buján, Virginia Prego, Jorge Rodríguez Soto, Luis Bará Barbosa, Rafa Jiménez, Ramona Rodríguez, Roberto Taboada e Txe. Con eles todo o equipo Escoitar.org: Berio Molina, Juan-Gil, Julio Gómez, Horacio González e Chiu Longina.

Preguntas que se lanzaron ó inicio do obradoiro:
¿A qué soa Vigo?
¿Existen sons na cidade que os vigueses identifiquen como propios?
¿É Vigo unha cidade ruidosa?
¿Quere dar un Paseo Sonoro pola cidade?
¿Pódese escoitar o son de Vigo no Google-Map?
¿Qué son as Postais Sonoras de Vigo?
¿Ten esta cidade un mapa sonoro?

Estas e outras preguntas serviron de base para o traballo neste obradoiro sonoro cuxos primeiros resultados podes escoitar neste sitio. Unha aproximación ao son dun lugar é unha aproximación ao seu patrimonio. Neste obradoiro saliuse a gravar Paisaxes Sonoras de Vigo tratando de atopar eses sons propios da cidade, aqueles que os vigueses recoñecen deste xeito e que serven para axudar a construir a súa identidade.

Ésta é só unha mostra desta actitude hacia o patrimonio cultural inmaterial desta cidade, o seu son. Agora pasámoslle o relevo ós habitantes da cidade, (os ointes), para que colaboren no que os Vigueses consideran o seu «Patrimonio Sonoro».

PAISAXES SONORAS DE VIGO

Gravación da depuradora do Lagares, coa intención de gravar o ruído xerado pola cidade de Vigo pero que se emiten fóra desta
Eduardo Irago e Berio Molina

Gravación en torno a unhas estatuas de modelos clásicos con malformacións intencionadas. Gravación da interacción da cidadanía de Vigo con estas estatuas
Rafael Ambel e Ramona Rodríguez

Paseo pola rúa do Principe. Sábado no serán
Javier Buján

Segunda gravación en torno a unhas estatuas de modelos clásicos con malformacións intencionadas. Gravación da interacción da cidadanía de Vigo con estas estatuas
Rafael Ambel e Ramona Rodríguez

Dentro do local escoitamo as conversas dos clientes. Polo xeral en inglés, xa que é o propio deste bar
Javier Buján

Terceira gravación en torno a unhas estatuas de modelos clásicos con malformacións intencionadas. Gravación da interacción da cidadanía de Vigo con estas estatuas
Rafael Ambel e Ramona Rodríguez

Entrevista a unos muchachos sobre las esculturas de Vigo y el ruido de la ciudad en la conflencia de la calle Principe con Colón
Rafael Jiménez Ambel

Camiñando cara o porto deportivo, bandadas de gaivotas e outros paxáros invaden o espazo
Rafael Jiménez Ambel

Unha máquina do servizo de limpeza pasa e procede a recoller as bolsas do lixo, despois do botellón da noite anterior
Rafael Jiménez Ambel

https://xscxxtxr.org/wp-content/uploads/IMG/mp3/comment-2006-11-15-59453.mp3″ type=»application/x-shockwave-flash» height=»24″ width=»290″>

Cuarta gravación en torno a unhas estatuas de modelos clásicos con malformacións intencionadas. Gravación da interacción da cidadanía de Vigo con estas estatuas
Rafael Ambel e Ramona Rodríguez

Feira de Bouzas #3
Luis Bará Barbosa

Dende unha posición estática captase o son producido polo traballo do barrendeiro achegandose
Rafael Jiménez Ambel

Feira de Bouzas#2
Luis Bará Barbosa

Feira de Bouzas#1
Luis Bará Barbosa

Gravación no dia da bicileta por un aire libre de co2, paseo-protesta que nos levou desde Teis ata Avda de castelao. Había unhas mil persoas
Berio Molina

.
.
.
.
LINK A FOTOS (nesta web)
LINK A FOTOS (no Flickr)
.
.