Estudio sonoro da Ponte de Carracedo

27 agosto 2008

0.Introdución

A ponte de Carracedo esta situada no concello de Láncara, cerca da aldea que lle dá nome. Está situada nas coordenadas de Latitude 42º 51′ 56.4» Norte e de Lonxitude 7º 22′ 50.69» Oeste [GOOMAPS-08]. Atravesa o rio Neira pouco despois do seu paso por Carracedo e antes de chegar a San Vicenzo. Ten dous arcos principais de case 12 metros de luz, e dous arcos laterais, hoxe case secos, concibidos para dar cobertura no caso de posibles crecidas do rio.

Construído no ramal que enlazaba o camiño de Santiago con Lugo polo lugar de Fonfría, a data da súa construción non está moi clara. Hai quen a data na idade media [GIZ-91], no século XVI [BLANCO-91], e incluso quen afirma que ten orixes romanas [MAGARIÑOS-08][MANCOS-03]. O que é seguro é que a primeira referencia nun mapa da ponte que se ten noticia, é no mapa de Tomás López realizado para o bispado de Lugo do ano 1768[LOPEZ-68][RISCO-96][LOPEZ-06] A partir de ahi, pódense encontrar referencias a él en mapas xa mais modernos como o de Domingo Fontan[FONTAN-45] do ano 1845.

A ponte foi declarada ben de interese patrimonial, i está incluída no catálogo de pontes históricas de Galicia dentro dos recursos de patrimonio histórico que xestiona a xunta de Galicia.

Para unha descrición técnica mais completa da ponte, así como os planos de planta e alzado[ALVARADO-91b], e unha biografía mais abundante, remitise a persoa interesado á obra de ALVARADO BLANCO et al. [ALVARADO-91] onde no apartado de descrición ofrece unha clara e completa enumeración das características principais da ponte, e, a través das fotos do seu libro, e comparándoas coas do presente artigo, poderase apreciar o penoso estado de conservación no que se atopaba a ponte antes da súa restauración, e como as tarefas de restauración teñen mellorado bastante o seu aspecto.

1.Paisaxe sonora

Como non podía ser doutro xeito, tratándose dunha ponte sobre un rio que inda ten cauce, o son da auga correndo domina a paisaxe sonora en torno a ponte, inda que, ao tratarse dun traballo realizado en primavera, e seren os valles de Láncara unhas terras bastante fértiles, o cantar das aves aparece tamén presente en todas as tomas do traballo.

Pode chamar a atención a non existencia de sons de orixe humana, sobre todo ao tratarse o obxecto de estudio, dunha construción feita pola man do home. A ausencia, ou presencia relativamente subliminar, deste tipo de sons, pódese explicar debido a dous factores: A non presencia de grandes infraestruturas industriais ou de comunicación no entorno, e a ausencia de uso na ponte. Por un lado, a ausencia de infraestruturas industriais próximas no entorno da ponte, fai que a paisaxe estea completamente allea a todo tipo de zumbidos, harmónicos graves, sons intermitentes e rítmicos, sereas de aviso continuas, etc, etc, etc… En definitiva, todo o repertorio de sons tipicamente mecánicos que podemos asociar con paisaxes sonoras influenciadas pola presencia de actividade industrial. Por outro lado, unha ponte sempre é unha construción funcional para vencer a distancia que separa as dúas veiras dun rio. Actualmente existe outra ponte, construída a escasos 400 metros augas arriba, moito mais horrible, pero funcional, e que dá servizo ao trazado da nova carreteira, que desvía todo o tráfico que dá servicio a os habitantes do entorno da ponte. Deste xeito, o uso práctico da ponte quedou relegado a servizo das pistas (o antigo camiño), ou como mera atracción turística e de paseo.

O que mais chama a atención nas tomas son as sonoridades das aves. As terras de Láncara son un paraíso natural para vivir, tanto para os homes, como para os animais. Isto, unido ao feito de que as tomas foron feitas en primavera, fan que os cantos das aves do entorno aparezan enchendo a paisaxe sonora en todas e cada unha das tomas presentadas.

2.sonidos

Cara da ponte de augas arriba. O Neira pasa moi calmo, nin tan sequera se sinte. Temos que poñer o oído moi, moi atento, para escoitar os graves dos borbollons da auga ao pasar. Os paxaros cantando alegres dominan esta paisaxe. De cando en vez, os vehículos pasan pola ponte nova, xa que hai tempo que a vella é peatonal… recórdanos que estamos na civilización, rodeados de sons naturais.


Cara da ponte augas abaixo. Corre o rio, enchendo co seu bulir tranquilo a paisaxe sonora dun fondo continuo e permanente que relaxa o espírito. Os paxaros, xogetean co espacio estero, pasándose de dereita a esquerda, ao lonxe, dándolle o contrapunto agudo e chisporroso ao monótono fungar do rio. Destaca a ausencia case total de sons derivados de presencia humana, como moito o bruir dalgún motor que parece mais un murmurio que outra cousa.


Baixo un dos arcos da ponte, que está a seco para o caso de posibles desbordes do rio, cóllenos a choiva. Apenas percibimos o paso do rio, salvo por algúns borbotons de auga que provocan remuíños no cauce do rio. Os agudos provocados polo golpear da chuvia caendo contra a pequena vexetación do carón da ponte dominan esta paisaxe. Os paxaros, aos que pouco parece importarlles a choiva, tamén están presentes na gravación, aportando profundidade de campo, cos seus cantos agudos e brillantes.


Unha toma moi curta, onde o son da choiva parece atronar contra as pequenas herbas que crecen nos baixos da ponte. De fondo o rio escoitase subacuaticamente pasando. Os paxaros, ao lonxe, apenas se atreven a molestar a choiva.


A ponte está franqueada por dúas construcións nas dúas beiras do rio, augas abaixo, na dereita, un chale moi señorial, e na esquerda,un pendello en ruínas, cun pórche bastante grande, como para meternos baixo del e facer unha gravación. Apenas escoitamos a auga correndo polo rio, dominando o caer da chuvia golpeando contra a vexetación, todo elo amplificado pola pedra da construción onde estamos refuxiados. Escoitamos algunha goteira caer contra un plástico, e un caño por onde un fío de auga de chuvia cae cara o rio. Se afinamos o oído podemos sentir o rio. Algún can ao lonxe, e os paxariños, tamén ao fondo, recórdanos que estamos nun lugar onde a vida non está tan lonxe, i os homes, que de cando en vez pasan cas suas máquinas a motor, tampouco.


Xa pasou a choiva. Os paxaros volven a cantar contentos. Xogos de agudos que enchen a paisaxe mentres cantan alegres a primavera. De fondo, moi de fondo, o bruir da auga correndo polo rio. Un pequeno rato anda polo oco do tronco onde apoiamos o micrófono i estragounos a gravación… Rato travieso, carajo!!!


Na beira esquerda da ponte, sentido rio abaixo, sentimos os agudos da choiva ao caer na terra. Un paxaro cantarín parece non importarlle mollarse, e segue a cantar como se non chovera. De repente, a choiva amaina, deixando ao descuberto os graves provocados polo correr do rio, que doutro xeito resultan inaudibles. De fondo o correr dos motores da civilización moderna. De cando en cando, un can e algunha galiña… Marcas que indican claramente, que a civilización non está tan lonxe. De repente, pouco a pouco, un paseante falando polo seu telefono movil, acompañado por unha mosca traviesa. Cousas da vida!!!. Volve a auga a caer, perdemos o rio… Paisaxe sonora dinamica ao caron dunha vella ponte.

3.Liñas de traballo futuras

As gravacións presentadas neste traballo pretenden dar unha pequena aproximación a paisaxe sonora que se presenta aos oidos dos curiosos no entorno da ponte de Carracedo, no concello de Láncara. Nembargantes, o autor non pode facer outra cousa que constatar que é unha aproximación moi sesgada. Tarefas a desenvolver para conseguir obter unha idea mais completa da paisaxe sonora do lugar, é realizar outra serie de gravacións en outros momentos do ano diferentes (especificamente en outono, inverno e primavera), i en distintos momentos do dia e da noite, para poder estudar a evolución da paisaxe tanto ao longo do ano, como no discorrer do dia.

4.Detalles técnicos

As gravacións presentadas foron realizadas en Abril do 2008, na restaurada ponte de Carracedo. Empregouse para facelas un gravador portatil en tarxeta flash tipo compact flash da marca TASCAM modelo HD-P2[TASCAM-07]. A microfonía empregada foi de RODE, en concreto o modelo para tomas estereofónicas NT-4[RODE-08]. As tomas realizáronse nas dúas veiras da ponte, e no seu cumio. Para todas elas, e dado que era un dia ventoso, utilizouse un gato morto para protexer o micrófono do vento. Fixéronse tomas en cada posición tanto augas arriba como augas abaixo.

5.Referencias

[ALVARADO-91]ALVARADO BLANCO, s., DURÁN FUENTES, M., NÁRDIZ ORTIZ, C. «Pontes históricas de Galicia», Colexio oficial de enxeñeiros de camiños, canais e protos – Dirección xeral do patrimonio histórico e documental, 3ª edición. A Coruña 1991.

[ALVARADO-91b]ALVARADO BLANCO, s., DURÁN FUENTES, M., NÁRDIZ ORTIZ, C. «Alzado e planta da ponte de Carracedo», Web valdoneira, 2003 (Extraido da obra «Pontes históricas de Galicia»). <http://www.xente.mundo-r.com/valdoneira/artepatrim/imaxartpatr/pplalzpontecarracedo.htm> [Consultada 26 Agosto 2008]

[FONTAN-45]FONTAN RODRIGUEZ, D., «Carta geométrica de Galicia», Lemercier, Paris, 1845.

[LOPEZ-68] LOPEZ SCULP., t.,»Mapa general del Obispado de lugo», Tomas Lopez, Madrid, 1768.

[LOPEZ-06] LOPEZ GOMEZ., a., MANSO PORTO, c., «Cartografía del siglo XVIII: Tomas Lopez en la real academia de la historia.», Real Academia de la Historia, Madrid, 2006. <http://books.google.es/books?id=eiULCzhVNfUC&printsec=frontcover#PPA512,M1> [Accedido 25 Agosto 2008]

[GIZ-91] GIL RAMIZ, J., «Láncara para vivir», Everest, Leon, 1991.

[GOOMAPS-08]Google, ‘Google Maps’, Google Maps, 2008, <http://maps.google.es/maps?f=d&saddr=&daddr=42.862474,-7.364767&hl=es&geocode=&mra=mi&mrsp=0&sz=16&sll=42.862486,-7.364767&sspn=0.006936,0.019312&ie=UTF8&t=k&z=16> [consulta 25 Agosto 2008]

[MAGARIÑOS-08]MAGARIÑOS COSTAS, c. a., «Pena da Armada, un posto de vixilancia lexionario.», Blog A nosa Historia, Arzua cidadán, Abril 2008. <http://www.arzuacidadan.net/blog/gonzo/45/pena-da-armada-un-posto-de-vixilancia-lexionario> [consulta 25 Agosto 2008]

[MANCOS-03]MANCOSPIA, «As Pontes», Web valdoneira, 2003, <http://www.xente.mundo-r.com/valdoneira/artepatrim/patrimpontes.htm> [consultada 25 Agosto 2008]

[RISCO-96] RISCO,P., «España Sagrada. Tomo XL. Antiguedades de la Ciudad y Sta Iglesia de Lugo: Memoria de los insignes monasterios de s. Julian de Samos, y s. Vicente de Monforte. Examen critico de los monumentos que se dicen concilios lucenses.» Madrid, 1796.

[RODE-08]RODE, «Rode NT-4 mic product webpage», Rode Microphones, 2008, <http://usa.rodemic.com/microphone.php?product=NT4> [Consultado 27 Agosto 2008]

[TASCAM-07] TASCAM, «HD-P2 Product webpage», TASCAM, 2007 <http://www.tascam.com/products/hd-p2.html> [Consultada 26 Agosto 2008]